O curso comeza en Mosteiro entre protestas, só con dous alumnos e con moita incertidume

MEIS> O curso escolar iníciase no colexio do Mosteiro, en Meis, con tan só dous alumnos. As nais e pais decidiron non levar aos seus fillos ao centro como forma de protesta, xa que todo o equipo directivo atópase de corentena. Profesorado, concello e diferentes partidos políticos consideran que é unha temeridade comezar as clases nestas condicións.

Un alumno.. e dous… dos 75 alumnos que tiñan que asistir hoxe ao CIP de Mosteiro só dous alumnos asistiron ao inicio do curso escolar. Todos os autobuses que chegaban ao colexio o facían completamente baleiros. As nais e pais tomaron esta decisión polos positivos rexistrados no centro. O que obrigou a todo o equipo directivo a gardar corentena.

Un dos pais que levou ao seu fillo ao centro aseguraban descoñecer a situación pero non ter medo.

A imaxe contrasta coa vivida ao a final da xornada. Dende a Anpa convocaron unha manifestación ás portas do centro para reclamar seguridade para o alumnado.

A directora en funcións confirmou que só lle farán as probas aos profesores que teñan síntomas. Por elo, as nais e pais aseguran que non levarán aos seus fillos ao centro mentres non se garanta a seguridade.

A información chega á comunidade educativa e ao concello a través do director que se atopa en corentena. Dende o goberno local lamentan a falta de información por parte da Xunta.

As mobilizacións do colexio de Mosteiro foron apoiadas polos partidos da oposición do parlamento galego.

O BNG presentou unha iniciativa no parlamento para demandar explicacións ao xefe territorial por iniciar o curso neste centro con estas condicións. A mobilización da Anpa continuará nos vindeiros días na volta ao cole do resto de primaria e da ESO.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí