Alumnos do Don Bosco rematan a convivencia na Ría de Arousa

    CAMBADOS> Vamos agora de turismo polo Salnés cuns rapaces que están de campamento pola comarca estes días. Veñen dos centros de ensinanza Don Bosco de Galicia e Castela e hoxe remataron as súas actividades cunha viaxe en catamarán pola Ría de Arousa.

    Cento corenta e dous alumnos de primeiro e segundo da Eso dos cinco Centros de Ensinanza Don Bosco de Galicia e Castela remataron hoxe as súas xornadas de convivencia no Salnés. Atrás quedan nove días de campamento e actividades nos centros relixiosos onde estudian. O obxectivo destas convivencias é que os rapaces despidan ó grande todo un ano de traballo das actividades escolares. E fano, desde fai unha década, creando o que eles entenden que sería a cidade ideal; ca axuda dos seus 25 monitores. Hoxe remataron cunha xornada lúdica: pola mañá foron á praia de Silgar, en Sanxenxo, e pola tarde embarcáronse nun catamarán en Cambados para sucar a Ría de Arousa. O punto e final non puido ser máis divertido para eles. Esta é amais unha forma de facer turismo para os cativos; xa que deste xeito van coñecendo as mellores zonas das Rías Baixas; para irlle collendo cariño xa desde pequenos.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/21/nenos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/21/turismo_mozos_bosco.mp4{/flowplayer}