O plan de explotación da Fangueira arrinca a semana que vén

    lazareto_reunion_copia100.jpgVILAGARCÍA> A Consellería do Mar non descarta aumentar a cifra de 21 permex e o terreo incluídos no proxecto.

    {flowplayer}images/salnes/LAZARETO3.flv{/flowplayer}

    Comezan a aparecer solucións para a situación dos mariscadores de Lazareto, en Carril. Na reunión desta mañá a conselleira do Mar, Rosa Quintana, aseguroulles que o plan piloto da zona da Fangueira segue adiante. A iniciativa, incluída no Plan de Recuperación de Zonas Improdutivas da consellería, supón a concesión de 21 novos permex.

    Para os mariscadores de Lazareto, a reunión foi un éxito. A primeira fase do proxecto comezará xa a próxima semana, cunha visita dun grupo de biólogos para avaliar as condicións da zona. Uns informes tralos que a consellería non descarta aumentar o terreo e o número de permex.

    O seguinte paso, para o que non hai data concreta, serían as tarefas de acondicionamento da zona, que xa realizarían os mariscadores co permex. As 21 novas prazas adxudicaranse en función da listaxe dos que se presentaron para optar ós 7 permex concedidos a semana pasada. Estes traballadores agardaban polos permisos dende o mes de abril.

    O patrón da confraría de Carril, Fernando Franco, opúxose ás medidas na Fangueira. Segundo o pósito, o parque foi construído por socios da confraría, polo que os usos propostos pola consellería serían indebidos. Para el, a solución sería integrar ós mariscadores na agrupación.

    Mar rexeitou esta protesta. Segundo a consellería, a confraría carrilexa non incluíu a Fangueira no Plan de explotación de 2010, polo que a administración pode adoptar as medidas oportunas para a zona. Esta canle púxose en contacto co patrón maior de Carril, pero rexeitou dar declaracións ata que se reúna coa conselleira.

    Redacción Salnés