![]()
BOIRO> Francisco Silva, un veciño do lugar de Brión, en Abanqueiro, faleceu nun incendio orixinado na cociña da súa vivenda.
{flowplayer}barbanza/incendioabanqueiro.flv{/flowplayer}
Todo apunta a que un accidente doméstico foi a causa da morte de Francisco Silva, un veciño de setenta e dous anos de idade do lugar de Brión, na parroquia boirense de Abanqueiro. O incendio iniciado na cociña provocoulle queimaduras no oitenta por cento do seu corpo.
A asistente social que lle prestaba axuda a domicilio foi a que o atopou, aínda con vida, pero moi grave. Trasladárono entón ó hospital Universitario da Coruña onde faleceu nada máis ingresar. A
A Garda Civil traballa na investigación dos feitos que puideron orixinar o lume. O home vivía só e padecía unha perda de capacidade visual que puido ter que ver co accidente.
Redacción Barbanza









