RIBEIRA> Médicos do centro de saúde de Ribeira denuncian as ausencias crónicas non cubertas dos facultativos. Segundo eles trátase dun problema de vello, que xa existía antes da pandemia, pero que se veu agravada coa chegada desta.
O sindicato CIG faise eco deste problema que denuncian os médicos do centro de saúde de Ribeira a consecuencia das ausencias crónicas que non son cubertas neste centro. Segundo este sindicato xa era un problema que existía antes da pandemia pero que se viu agravado pola situación actual.
A situación agrávase aínda máis na área de pediatría. Dende a CIG sinalan ademais que esta situación está a causar tamén graves prexuízos ós pacientes deste centro de saúde, que na maioría dos casos están a ser chamados máis de dúas horas despois da súa cita.
Dende o Sergas sinalan que a situación debeuse á ausencia imprevista por baixas que se sumaron ás vacacións xa programadas, pero que é un problema que xa está solucionado unha vez reaxustadas as axendas dos médicos.