Política Social e o concello de Ribeira ratifican a cesión da parcela da futura residencia

RIBEIRA> A conselleira de Política Social e a alcaldesa de Ribeira ratificaron a cesión dos terreos para construír a futura residencia de maiores coa dinatura do convenio. A intención da Xunta é sacar a licitación o proxecto durante o primeiro semestre de 2027. A nova instalación contará cunha previsión inicial de 120 prazas.

A conselleira de Política Social desprazouse ata Ribeira para asinar coa alcaldesa o convenio de cesión da parcela da futura residencia de maiores. O cambio de emprazamento a unha parcela de 20 mil metros cadrados en San Roque permitirá unha dotación inicial de 120 prazas ampliables nun futuro en función da demanda. Seguirá o novo modelo residencial proposto pola Xunta que aposta polos fogares con espazos de convivencia e amplas zonas verdes.

Trala cesión dos terreos ratificada no acto de sinatura, a Xunta de Galicia iniciará a tramitación para licitar o proxecto durante o primeiro semestre do próximo ano. A de Ribeira será a primeira das 25 residencias incluídas no plan autonómico que permitirá habilitar unhas 1800 novas prazas en toda Galicia.