Este sábado arranca unha nova edición da Mostra de Teatro de Ribeira

RIBEIRA> O ciclo teatral estrearase coa representación de ‘Cousas’ a cargo do Grupo Municipal de Teatro, ás nove e media, no auditorio. Trátase dunha das propostas estrela dentro da programación de outono da concellería de Cultura, que tódolos anos levanta unha gran expectación. A cita, integrada tamén na Rede Cultural da Deputación da Coruña, desenvolverase dende finais de setembro ata finais de novembro, cun total de dez actuacións. Polo auditorio ribeirense pasarán compañías profesionais e monologuistas da talla de Sergio Pazos, Mofa e Befa ou Talía Teatro. Unha das novidades deste ano é que decidiu establecerse un prezo simbólico de tres euros para cada representacións, dando a posibilidade ó público de reservar a súa butaca. Tódalas representacións terán lugar os venres, agás a función inaugural, que será este próximo sábado, a cargo do Grupo Municipal de Teatro coa estrea de “Cousas”.