BOIRO> A formación e o emprego centran boa parte da campaña dos socialistas que aspiran a seguir gobernando para garantir a igualdade de oportunidades. Así o destacaron os candidatos ó Congreso e ó Senado pola Coruña, Ana Alvite e Sindo Guinarte, nunha visita ó centro de formación de Espiñeira.
A comitiva socialista desembarcaba este mediodía no Centro de Formación de Espiñeira para coñecer as instalacións do coworking de Boiro, un dos máis dinámicos da rede provincial. Precisamente, a formación e as oportunidades de emprego son un dos eixos de campaña dos socialistas tal e como destacou a número tres da candidatura ó Congreso pola provincia da Coruña.
Tamén o candidato ó Senado destacou a igualdade de oportunidades nos eidos da formación e acceso ó mercado laboral propiciados durante os anos de goberno socialista traducidos nunha importante diminución das taxas de paro.
Os socialistas poñen como aval a xeración de emprego de calidade, a mellora das condicións laborais e a redución da brecha salarial como a mellor garantía para que a cidadanía siga a apoiar o seu proxecto a partir do 29N.











