O concello de Boiro acomete unha profunda reforma do complexo deportivo da Cachada

BOIRO> O concello de Boiro está a realizar a reforma integral no complexo deportivo da Cachada. A intención do goberno local pasa porque a instalación poida reabrir ó público nas mellores condicións posibles e prestar así un óptimo servizo á veciñanza.

O alcalde, José Ramón Romero, e o edil de Deportes, Marcos Fajardo, visitaron esta mañá a instalación para coñecer o estado de execución das obras que se están a desenvolver dende hai varios meses e que permitirán a reforma integral do complexo deportivo, tanto na zona da piscina como tamén no pavillón polideportivo. Un dos principais problemas que presentaba a instalación viña provocado polas filtracións de auga no edificio. Unha vez solucionado, procedeuse tamén  á substitución do alumeado por un de led de baixo consumo, melloráronse os falsos teitos no interior de todas as instalacións, así como pintado das mesmas, e tamén se realizou a ampliación do gradarío. As obras continúan agora na sala de máquinas da piscina coa substitución dos filtros e o cambio dos quentadores e da deshumidificadora.

Unha vez executadas as obras de mellora no complexo, o executivo terá que decidir tamén a futura xestión da instalación.

O Concello traballa para que as instalacións poidan estar listas canto antes e que poidan volver abrir ó público con tódalas garantías de seguridade e nas mellores condicións,

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí