LOUSAME> A ANPA Alecrín do Colexio Cernadas de Lousame manifestábase esta mañá ás portas do centro en contra dos recortes de profesorado. Ademais da perda do especialista en Audición e Linguaxe, este curso contarán cun coidador menos a pesar do alto número de alumnos con necesidades de apoio educativo.
Seguen as propostas en contra dos recortes de profesorado para este curso. Desta volta foi a ANPA Alecrín do Colexio Cernadas de Castro de Lousame a que quixo manifestar, a través desta concentración, o seu malestar ante a decisión da Consellería de Educación de retirarlle o especialista en Audición e Linguaxe. A este recorte súmase a perda dunha coidadora das dúas con que contaron durante parte do curso pasado.
A presidenta da ANPA explicou que a directora do centro transmitiulles que existe un compromiso verbal de Educación para contratar a un mestre de Audición e Linguaxe. Confían en que a administración cumpra co prometido pero teñen as súas dúbidas polo que manterán as protestas ata que a notificación se faga oficial.
Na actualidade, o centro con máis de corenta alumnos con necesidades de apoio educativo; tres deles a tempo completo polo que é imprescindible contar con, alomenos, dous coidadores.










