RIANXO> Representantes de axencias de viaxe e guías de turismo de toda Galicia participaron nunha xornada organizada pola Mancomunidade Barbanza Arousa para dar a coñecer o camiño A Orixe. O itinerario incluíu paradas nalgúns dos puntos máis emblemáticos desta ruta xacobea que percorre os catro concellos da comarca.
A xornada, organizada para promocionar o camiño A Orixe entre profesionais do turismo, comezou en Rianxo onde os participantes asistiron a unha presentación desta ruta xacobea e percorreron o casco histórico da vila. Partiron entón cara o resto de concellos da bisbarra con parada nos puntos máis emblemáticos da ruta.
O obxectivo desta acción, financiada a través do convenio entre a Mancomunidade e a Axencia Galega de Turismo, é atraer novos visitantes a través deste profesionais favorecendo a desestacionalización do turismo na comarca co Camiño A Orixe como eixo vertebrador.
A organización técnica da visita correu a cargo da consultora Crea e Innova.











