IPS busca alianzas con outras formacións

candidaturaindependente.jpgPORTO DO SON> Independentes por Porto do Son volverá presentar candidatura ós comicios do próximo mes de maio.

{flowplayer}barbanza/candidaturaindependente.flv{/flowplayer}

O seu voceiro, Xabier Quiñoy, indicou que están abertos a posibles alianzas con outras forzas políticas, co único fin de defender os intereses comúns de tódolos veciños.

Despois de detectar o descontento xeralizado do electorado, a formación independente comezou a traballar na elaboración dunha candidatura que volva ilusionar ós votantes. Dende hai dous meses, iniciou contactos con outras forzas políticas para conseguir a mellor lista de cara a defender o interese público.

Aínda que non descarta a alianza con ningunha das formacións, a opción máis probable refírese ó pacto co outro partido independente, Alternativa Veciñal do Son, aínda que polo momento non se adoptou ningunha decisión definitiva.

Redacción Barbanza