A rehabilitación do cine París será logo unha realidade

concursocineparis.jpgMUROS> O executivo muradán dou a coñecer os traballos que resultaron premiados no concurso de anteproxectos para a rehabilitación deste inmoble.

{flowplayer}barbanza/concursocineparis.flv{/flowplayer}

Este é o momento no que o secretario municipal, xunto coa alcaldesa, Caridad González, procedían á apertura das plicas nas que se recollía o fallo do xurado do concurso de anteproxectos para a rehabilitación do antigo cine París levado a cabo nos últimos meses. Durante este tempo o xurado tivo traballo arreo coa finalidade de seleccionar o proxecto gañador dos preto de sesenta que foron presentados ó concurso. Finalmente decidiu concederse o primeiro premio á obra presentada baixo o ‘Entrevisillos’ realizado pola arquitecta compostelá Cristina Ansede.

Inicio proceso

Ábrese agora o proceso que culminará coa rehabilitación do emblemático Cine París, actualmente en estado ruinoso, e que o goberno local pretende reconverter en auditorio municipal e sala de exposicións. O seguinte paso será a realización do proxecto definitivo por parte da empresa gañadora do concurso, para iniciar canto antes o proceso de contratación das obras cuxa inversión rondará os 900 mil euros e dos cales o concello muradán xa dispón dunha subvención do Ministerio de Cultura por valor de 500 mil.

Entrega premios

A rexedora tamén informou de que o vindeiro xoves ás sete da tarde na antiga fábrica de Sel terá lugar a entrega dos premios, así como a apertura dunha exposición na que se recollen tódolos traballos presentados ó concurso.

Redacción Barbanza