O alcalde noiés retoma a proposta do aparcamento subterráneo do PP

aparcamentonoia_100_230309.jpgNOIA> O alcalde de Noia levará a pleno unha proposta do PP para a construción dun aparcamento soterrado na rúa Rosalía de Castro.

{flowplayer}barbanza/aparcamentonoia.flv{/flowplayer}

A iniciativa en cuestión fora presentada polo Partido Popular no pleno de outubro de 2008. Daquela o grupo de goberno decidira deixa-la pendente para outra ocasión. Agora o alcalde noiés acordou incluila de novo na orde do día do pleno ordinario que se celebrará este venres.

Proposta difícil

O rexedor noiés considera que a proposta ten bastantes dificultades, debido fundamentalmente a que situación económica, cos conseguintes problemas de financiamento no momento actual, retrae moito este tipo de inversións.

Ademais a tramitación non é sinxela, xa que se require de varios permisos sectoriais de diferentes consellerías, como é o caso de Patrimonio por estar esta zona incluída dentro do Plan Especial.

Non obstante, espera contar co apoio do Partido Popular para que esta proposición poida sair adiante e poder estudiar a súa viabilidade.

Necesidade de aparcamento

A falla de aparcamento en Noia é un dos principais problemas na vila, e é unha demanda trasladada en diferentes ocasións polos colectivos empresariais. Por tal motivo, dende o Partido Socialista non se pecha a porta a que se poidan levar a cabo outras actuacións semellantes en outras localizacións da vila.

Redacción Barbanza