![]()
VILAGARCÍA> Zona Aberta e a Comisión en Defensa do Patrimonio de Vilagacía impediron esta mañá que se tapase con formigón os restos da pasarela de Vista Alegre.
{flowplayer}images/salnes/protesta_pasarela_vista_alegre.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA> A empresa encargada da humanización da rúa Arcebispo Andrade de Vilagarcía non puido continuar esta mañá cos seus traballos.
Un grupo de comerciantes de Zona Aberta e membros da Comisión en Defensa do Patrimonio impediron que se taparan con formigón os restos da pasarela que no seu día unía o convento de Vista Alegre coa Igrexa Parroquial de Santa Eulalia. Buscan, con esta demora, reunirse co Concello e que lles expliquen ben o proxecto.
Comerciantes e Defensa do Patrimonio non admiten as explicacións dadas onte por Tania García, edil de Xestión do Territorio, para rexeitar as súas propostas de manter visible este cacho de pasarela.
Os restos están xa desde onte tapados con terra e un forxado de ferro e hoxe estaba previsto cubrilos con formigón para continuar coas obras de peonalización da rúa. Os traballos realizáronse ó mediodía cando pecharon os comercios polo que hoxe estarán alerta para que non lles pase o mesmo.
Esta mañá tamén estivo na rúa a edil nacionalista Ana Lorenzo. Rocío Louzán espera que lles bote un cabo e faga presión no Concello para que se produza un encontro.
Redacción Salnés








