Luz verde á Luz Salgada

    VILAGARCÍA > A corporación municipal de Vilagarcía aprobou o proxecto Luz Salgada, unha remodelación da zona urbana do Río do Con. As obras suporán un custe para o concello de seis millóns de euros que irán con cargo a un crédito que acaba de ser aprobado en pleno.

    plenoluzsalgada_180506.jpgO BNG insistiu nos argumentos expostos no seu día nos medios de comunicación. Apoian o proxecto polo ben de Vialgarcía e dos vilagarciáns anque saben que pode ter custes electorais para eles. O BNG recordou que o seu apoio a este proxecto ten unhas condicións e que vai acompañado dunha proposta de pacto máis global que inclue negociar temas fundamentais para o futuro de Vilagarcía a medio prazo. O PP foi moi crítico co apoio do BNG e cuestionou dous aspectos deste proxecto, o alto custe e a escasa repercusión turística do mesmo.

    Tamén cuestionou o momento de presentar esto, a un ano das eleccións municipais. Finalmente o PP abstívose xa que o alcalde aseguroulle a Fole que tódolos grupos municipais ían participar na proxección das obras.

    O único que votou en contra foi o concelleiro de Esquerda Unida, que calificou o proxecto comojuanfajardo_200_180506.jpg unha excusa para o futuro desenvolvemento urbanístico da zona do Con. Segundo Esquerda Unida o proxecto é froito dunha ocurrencia que nada ten que ver co turismo ou coa recuperación de espazos históricos.

    Pola súa banda IVIL limitouse a facer unha análise económica amosando a súa preocupación polas futuras inversións de Vilagarcía pero votou a favor despois de que o alcalde aceptase unha serie de condicións que puxo, como consensua-las obras e o plego de condicións, que o pleno adxudique os traballos e unha última relativa a esa preocupación económica.

    O alcalde asegurou que o proxecto é moi bo para Vilagarcía, tanto para os veciños como para os turistas e asegurou que non hai motivos para preocuparse pola economía do concello.

    Redacción Salnés