Vilagarcía construirá en Carril un albergue sostible “que será unha fiestra a Cortegada”

VILAGARCÍA> Vilagarcía aproba a redacción do proxecto para a creación dun albergue de peregrinos en Carril. O concello aproveitará a estrutura construída ao lado da Casa da Cultura. A nova instalación contará con todas as características para formar parte da rede de albergues da Xunta de Galicia.

Carril terá o seu primeiro albergue de peregrinos. A vila vencellada ao Camiño de Santiago disporá de punto de descanso para os camiñantes. O concello aprobou o encargo da redacción do proxecto para crear unhas instalacións referentes e sostibles.

Do proxecto encargarase o arquitecto Iago Ferández. Os criterios postos polo concello son que sexa unha fiestra á Illa de Cortegada e que se adapta na contorna.

O novo albergue situarase na construción próxima ao centro sociocultural de Carril.

Concello de Vilagarcía e Xunta de Galicia xa tiveron o primeiro contacto para poder levar a cabo o proxecto. As novas instalacións cumprirán con todas as características esixidas polo ente autonómico para formar parte da rede de albergues galegos. Dende Ravella agardan que poida estar rematada antes do vindeiro verán.