![]()
CAMBADOS> A biodiversidade e tódolos seus datos e curiosidades, centra as actividades do Instituto Asorey de Cambados ata o día 19.
{flowplayer}images/salnes/biodiversidade_asorey.flv{/flowplayer}
Durante esta semana, alumnos e alumnas do Instituto Asorey, expoñen os seus traballos, participan en obradoiros e gozan da colección malacolóxica de Juan Maceira, con explicación e visita guiada. Todo elo, aberto ao público a ta o día 19.
Estímase que no mundo haberá uns cincuenta millóns de especies. Cada día descóbrense algunhas e outras, extínguense. A pequena parte que coñecemos desas especies, estúdase na biodiversidade e, precisamente a este tema dedica a semana o Instituto Asorey. A través de exposicións, traballos, obradoiros e visitas guiadas, alumnos e alumnas aprenden sobre biodiversidade.
Para o profesorado, os resultados desta iniciativa son altamente satisfactorios pois comproban o moito que aprenden os alumnos e alumnas documentándose, poñendo de manifesto e discutiendo sobre os traballos a realizar.
Juan Maceira prestou a súa colección malacolóxica: mais de mil cunchas de moluscos e bivalvos. Esta e as demais interesantes exposicións están abertas ao público ata o día dezanove.
Redacción Salnés






