Pose e Puertas apostan pola construción dun hotel no Ramal

    modesto_pose_vilagarciacopy.jpgVILAGARCÍA> Así o confesou o candidato socialista á alcaldía trala xuntanza que mantivo co Presidente da Autoridade Portuaria.

    {flowplayer}images/salnes/XUNTANZA_POSE_PUERTAS.flv{/flowplayer}

    Aproveitar o espazo da explanada do Ramal de Vilagarcía coa construción dun hotel que se converta nunha referencia de turismo de calidade.

    Este é o obxectivo conxunto no que coincidiron tanto o candidato socialista á alcaldía, Modesto Pose, e o Presidente da Autoridade Portuaria, Javier Puertas, na xuntanza que mantiveron esta mañá.

    Con esta iniciativa, os socialistas dan un paso máis no seu programa en materia de turismo e retoman, ó tempo, o proxecto de construción dun complexo hoteleiro no Porto de Vilagarcía que quedara no esquecemento fai agora uns tres anos.

    O socialista Modesto Pose confesou que o grao de coincidencia co Presidente da Autoridade Portuaria pola aposta por este proxecto foi total.

    Despois desta primeira toma de contacto, Pose engadiu que terán que pórse de acordo nun proxecto atractivo para facer de Vilagarcía o Mar de Compostela. Ó tempo será necesario para atraer capital privado.

    Outros dos temas que abordaron nesta xuntanza foi o do tren que opera no Porto a través da rotonda do Ramal. A Autoridade Portuaria reclamou o apoio do concello para o desenvolvemento desta actividade.

    Concientes da importancia da actividade portuaria e do traballo realizado polo tren, o candidato socialista engadiu que este apoio tería que ser compatible co uso público das instalacións portuarias e coa vida dos veciños de Vilagarcía.

    Redacción Salnés