Fole presenta a ‘impecable xestión económica’ como aval para a reelección

    VILAGARCÍA> Na presentación dos once primeiros postos da súa candidatura, Fole asegurou que o seu executivo bipartito dou estabilidade e unión ó goberno da cidade e asentou unha economía que na próxima lexislatura permitirá abrir unha etapa de crecemento. Iso si, segundo Fole, manterase ‘a austeridade’. O candidato popular á reelección como alcalde de Vilagarcía presentou esta mañá ás dez persoas que o acompañarán no primeiro treito da lista. Once, porque son os edís que precisaría calquera formación para acadar a maioría absoluta no municipio. Durante o acto, Tomás Fole expuxo a xestión económica feita durante esta lexislatura como o principal aval do seu traballo de cara as próximas municipais. Di Fole que nos últimos catro anos conseguiron non só sanear as contas locais, senón abrir agora a porta á etapa de crecemento que se agarda para os vindeiros anos. Aínda que isto non significa o fin da ‘austeridade’. Segundo Fole, este bo facer económico xa se está a notar. Di que xa se están a atender solicitudes de apertura de novos establecementos na cidade, e promete axuda ós hostaleiros e comerciantes para mellorar as condicións nas que crear novos postos de traballo. Asegura tamén Fole que crearon confianza, e que agora son as empresas as que chaman ás portas do concello para propor proxectos, cando antes non os querían nin atender. No plano laboral, Fole presentará como parte do seu programa a creación da Relación de Postos de Traballo para os funcionarios do concello. Todo isto é o que os populares explicarán durante esta campaña electora ós cidadáns. O logrado no plano económico, pero tamén no político, dando coa súa alianza con IVIL unha estabilidade que non había, di, ‘cos anteriores bipartitos’. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/21/candidaturappvilla.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/21/PP_VILAGARCIA.mp4{/flowplayer} Precisamente en relación con IVIL, Tomás Fole recoñeceu que se mantiveron contactos ata o último momento coa formación de dereitas para valorar a incorporación dalgún dos seus membros ás listas populares. Non frutificaron, pero no PP deixan a porta aberta. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/21/foleivil.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/21/INTRO_TOTAL_IVIL.mp4{/flowplayer} E entre as mensaxes desta mañá, houbo tamén reposta ás acusacións da oposición por empregar supostamente recursos públicos con fins partidistas. A crítica débese a que a responsable de prensa do concello foi a encargada de convocar ós medios ó acto de partido desta mañá. Fole recoñeceu que se fixo pro unha cuestión de operatividade, e reta á oposición a debater publicamente sobre o uso de cartos públicos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/21/folecandidatos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/21/INTRO_TOTAL_ASESORA_PRENSA.mp4{/flowplayer}