Dez adegas do Salnés toman conciencia sobre un futuro máis sostible e con menos fitosanitarios

CAMBADOS> Dez adegas da comarca do Salnés participan dende hoxe nunhas xornadas centradas no coidado dos solos. Iso si, fomentando a diminución do uso de produtos fitosanitarios. O obxectivo da formación é que o sector vitivinícola siga camiñando cara o cultivo sostible, para ofrecer ao consumir un produto máis saudable e con menor impacto sobre o territorio.

Dez adegas da comarca do Salnés participan nas xornadas sobre Viticultura Sostible. A iniciativa forma parte do proxecto “Núcleos rurais sostibles do Salnés”, impulsada pola Mancomunidade.

As xornadas están impartidas por profesionais do sector e centradas no solo, nos seus coidados e sobre todo, na redución dos produtos fitosanitarios. Unha medida a prol dun futuro máis verde e respectuoso coa contorna.

Unha das claves que se puxo sobre a mesa é un erro moi frecuente no sector: ter en conta os coidados da vide sobre o terreo, pero esquecendo o que non se.

Moitas veces o solo está maltratado. Explican que está inmerso nun círculo vicioso do que  é preciso saír. E para iso , cómpre tomar conciencia canto antes da necesidade de que sector siga avanzando cara a sostibilidade.

Para acadar ese obxectivo, o fundamental é coñece-la saúde e festilidade do solo. Para iso, esta acción formativa ten a súa parte práctica, con visitas a parcelas das dez adegas participantes.

Estas xornadas de viticultura sostible teñen unha duración total de 45 horas, a maioría -40- son de tipo práctico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí