O Consorcio do Comercio aplaude o decreto das grandes áreas

    CAMBADOS> O Consorcio do Comercio do Salnés ven de cualificar como moi positivo o decreto que regula a implantación de novas áreas comerciais,…

    {flowplayer}images/salnes/consorcio_decreto_comercio_2.flv{/flowplayer}

    … superiores ós 2.500 metros cadrados de superficie. Os pequenos comerciantes opinan, que de saír adiante esta normativa, suporá un importante beneficio para os negocios das vilas posto que poderán competir en igualdade de condicións que as grandes superficies.

    En virtude deste decreto os comerciantes asociados do Salnés pensan que os colectivos como eles deberán ter dereito a opinar nos informes que lle requiren a estas grandes áreas sobre os postos de traballo que se crean ou se destrúen. Este é un dos escollos que poñen os comerciantes do Salnés a este decreto que en liñas xerais os dá por satisfeitos ó defendelos de novas actuacións como pode ser o Centro Comercial de San Miguel de Deiro, contra o que eles teñen posto un contencioso administrativo que ven de ser admitido a trámite.

    En resumo, os comerciantes pensan que ca aplicación desta nova normativa se sitúa ó pequeno comercio ó mesmo nivel que as grandes áreas; o que elimina as desvantaxes que viñan sufrindo ate o de agora. Noutra orde de cousas, desde o Consorcio do Comercio do Salnés veñen de alertar sobre as rebaixas antes de primeiros de xullo que xa se están a ver en algún escaparate das Rías Baixas. Esta práctica vai en contra da nova lei de comercio e, avisan, podería levar parella multas de ata os 6.000 euros.

    Redacción Salnés