Portos de Galicia supervisa as melloras feitas no peirao de Vilaxoán

    VILAGARCÍA> Portos de Galicia ven de concluír as obras de mellora de seguridade e operatividade no peirao de Vilaxoán.

    {flowplayer}images/salnes/portos_vilaxoan.flv{/flowplayer}

    Estas actuacións centráronse na reparación do edificio da lonxa e na mellora da seguridade do bordo litoral. Tanto o Concello como a Confraría de Vilaxoán salientaron a celeridade ca que se levaron a cabo estas obras, que supuxeron unha inversión duns 32.000 euros.

    A maiores, o executivo vilagarcián planea acometer con Portos unha mellora na circulación rodada do casco urbano vilaxoanés, que se fará dacordo ca opinión maioritaria dos veciños. Nesta visita sobre o terreo ó Porto de Vilaxoán, o representante da Xunta de Galicia comprometeuse a acometer unha nova mellora en Vilagarcía, desta volta no outro peirao, o de Carril.

    Estas obras supoñen parte do esforzo orzamentario deste ente dependente da Consellería do Mar, que inviste anualmente arredor de 2 millóns de euros destinados á conservación e mantemento das cento vintetrés radas galegas.

    Redacción Salnés