Hoxe comezou o Portonovo Gastronómico. Ao longo desta fin de semana 24 establecementos da localidade ofrecerán tapas a prezos xeitosos. A raia será a protagonista da maioría delas. Esta mañá, arrancaba esta iniciativa e facíao cun showcooking no mercado de abastos. Hai, ademais, moitas outras actividades paralelas tanto o sábado como o domingo.
Así de orgullosos presumen en Portonovo das súas raias. Elas serán, sen dúbida, as grandes protagonistas dunha nova edición do Portonovo Gastronómico. Unha cita que comezaba esta mañá na praza de abastos cun showcooking do obradoiro de Hostalería do Salnés. Botaron man de produtos mercados aquí no mercado para elaborar en vivo un saboroso menú co que inaugurar estas xornadas gastronómicas.
A actividade incluíu tamén unha parte infantil na que participou unha vintena de rapazas. Eles mesmos encargáronse de darlle forma ás súas hamburguesas de raia, que logo puideron degustar.
Co showcooking deuse hoxe o pistalolotazo de saída a un Portonovo Gastronómico no que participan máis establecementos que nunca. Desta volta acadáronse os 24.
E aínda que hai propostas de todo tipo, a maioría delas teñen algo en común: a raia é o ingrediente protagonista.
Con esta iniciativa o que se busca é desestacionaliza-la actividade económica da vila nunha fin de semana a cabalo entra a xa celebrada Semana Santa e o verán.
E ademais de gastronomía o Portonovo Gastronómico inclúe moitas outras actividades paralelas. Aínda que as de hoxe tiveron que suspenderse pola chuvia, a organización confía en manter o resto do programa deste sábado e domingo. Entre as propostas, distintos obradoiros e animacións musical do máis variado.