A taberneira Sinda e un exército de maquinillos promocionan a festa de San Isidro de Caleiro

VILANOVA> O vídeo promocional da Festa de San Isidro de Caleiro, en Vilanova, xa é toda unha tradición. A comisión desvelou o programa festeiro do vindeiro 11 de maio cun vídeo que está dando moito que falar na parroquia e na internet, onde xa suma máis de 30000 visualizacións.

Entre os seus ingredientes virais, a reapertura por un día da taberna de Sinda, un exército de maquinillos preparados para facer festa, un encargo moi sospeito que chega a Caleiro nun maleteiro e ata a colaboración especial dun presentador de Canal Rías Baixas.

O vídeo completo pode verse nas súas redes sociais a través desta ligazón