A empresa estudará outras ubicacións para a antena lonxe de vivendas

    CAMBADOS> A empresa de telefonía Orange non instalará ningunha antena en Cambados ata ter un estudo de ubicación. Cando menos, este é o compromiso acadado esta mañá na reunión a tres bandas que mantiveron compañía, concello e representantes dos veciños. Ademais, o proxecto quedará paralizado ata ben entrado o 2018. Os veciños de Os Caeiros non ocultaban este mediodía a súa satisfacción. Na reunión a tres bandas mantida entre os seus representantes, concello e compañía, Orange comprometeuse a facer un estudo para avaliar posibles ubicacións lonxe das vivendas. Durante o encontro tamén celebraron que o representante da compañía recoñecera que fora un erro comezar as obras sen informar aos veciños. Algo que non se repetirá, asegurou, no futuro. Outra das patas da reunión foron os representantes do concello de Cambados. A alcaldesa celebrou o ton conciliador que marcou a reunión, aínda que recoñeceu que será difícil manter a petición dun quilómetro de radio de todas as vivendas. As tres partes quedaron emprazadas a un novo encontro, aínda sen data.