Alcaldes do Salnés e López Font animan a asistir á manifestación pola saúde pública

    VILAGARCIA> O socialista Julio Torrado non foi o único que asistiu á concentración da Plataforma en Defensa da Saúde Pública do Salnés esta mañá ante o Hospital. O Deputado Provincial Carlos López Font, ou alcaldes dos concellos afectados pola reforma da Lei, estiveron tamén presentes, e aproveitaron para animar á asistencia á manifestación de mañá ás oito e media da tarde. Os alcaldes de Vilagarcía, Cambados e a Illa, representantes do grupo municipal do BNG, ou o deputado provincial Carlos López Font…foron algúns dos que apoiaron a concentración esta mañá da Plataforma pola Sanidade Pública do Salnés. Foi ás portas do hospital, pouco antes da presentación do novo xerente, e é a última antes da Manifestación que está convocada para mañá ás oito e media da tarde, con saíde desde a Casa do Mar de Vilagarcía. Para o alcalde da capital arousá esta unión é unha mostra de que a xente está en contra de que o Salnés se convirta nun ambulatorio grande. O Deputado provincial do PSOE, Carlos López Font, quixo advertir ás 75.000 persoas que dependen da área sanitaria do Salnés, do que segundo apuntaron, provocará a modificación da Lei de Saúde. Recorte, desmantelamento e privatización da sanidade, así definíu o deputado o que pretende o goberno de Núñez Feijoo. E asegurou que a plataforma comparecerá no pleno de mañá na Deputación. Estivo presente tamén o voceiro de Sanidade do PSdGa, partido que onte levou ó Parlamento, xunto con En Marea, unha moción contra a lei, que finalmente foi rexeitada. Tanto os representantes políticos, como desde a plataforma, animaron a todo o mundo a asistir mañá a partir das oito e media da tarde, na Avenida da Mariña de Vilagarcía, fronte á Casa do Mar, á manifestación en defensa da Sanidade Pública.