A rexeneración da ría e a reindustrilización do Salnés, prioridades do BNG para a nova lexislatura

VILAGARCÍA> Coa lexislatura en marcha, o BNG do Salnés marca obxectivos para estes vindeiros catro anos. Os nacionalistas fixan como prioridades a rexeneración da ría de Arousa e a reindustrialización da comarca. Tamén varias cuestións sociais, como a mellora da atención primaria ou a compra do asilo de Cambados para convertelo na primeira residencia pública do Salnés. Din que dende a oposición tentarán mitigar outros catro anos máis do que consideran políticas ‘lesivas’ do PP.

Co aval dos 20.000 votos cos que se fixo o BNG na comarca do Salnés nas últimas eleccións galegas, os nacionalistas deseñan a súa folla de traballo para os vindeiros catro anos. Unha das súas prioridades: a rexeneración da ría de Arousa.

Nese sentido, tamén se comprometen a dar a batalla contra o macrocelulosa de Altri en Plas de Rei, co risco que -denuncian- suporía para a ría. Din que o PP tentou enganar á cidadanía con este proxecto.

Urxen tamén a levar a cabo un plan de reindustrialización da comarca porque, explican, a economía non pode depender só dos servizos e o turismo.

E din tamén que fronte as políticas lesivas do PP dos últimos 15 anos, eles dende o Parlamento Galego reivindicarán melloras na sanidade, en especial na atención primaria, e tamén na atención aos maiores. Nese sentido, esixen que a Xunta lidere a compra do asilo de Cambados.

E comprométense a traballar a reo dende o Parlamento, cun grupo forte, como única alternativa real ao PP, entenden, que ten nestes momentos Galicia.