A CIG defende a súa postura a favor do Convenio da Conserva

    VILAGARCÍA> A CIG defende a súa decisión de asinar o convenio da conserva. Os pagos por antigüidade, os incrementos nos salarios e o mantemento da xornada laboral, son os puntos favorables que destaca o sindicato do preacordo. 

     

    Para a CIG, o convenio da conserva asinado o luns en Madrid, é un importante avance respecto do plantexamento inicial da patronal.

    Durante as negociacións, os sindicatos conseguiron pasar dun incremento salarial dun 0% no 2015 e dun 0,5% ata o 2019, a un 0,5% o ano pasado, un 1,3% no 2016, un 1% anual para o 2017 e o 2018 e un 1,5% para o 209 e o 2020. En canto á antigüidade, o persoal que a cobra consegue a consolidación e un incremento de 450 euros. Os que non a tiñan, pasarán a percibir 750 euros con 20 anos de antigüidade ou unha parte proporcional polos anos que leven na empresa. Pola súa banda, mantense a xornada laboral con 1.730 horas anuais.

    Abuín non ocultou o seu enfado pola postura de Comisións Obreiras. O sindicato desmarcouse da plataforma galega e da UXT, non asinou o acordo e criticou á CIG por apoialo.

    Dende a CIG recoñecen que o acordo non é o ideal para o sector, aínda que permite ás traballadoras manter os seus dereitos.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/23/convenio_conserva_cig_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/23/convenio_conserva_cig.mp4{/flowplayer}