Continúa o peche solidario dos Bombeiros do Salnés

    CAMBADOS> Os bombeiros do Salnés continúan concentrados nas súas sedes de Cambados e Vilagarcía, facendo servicios de balde con ata…

    {flowplayer}images/salnes/folga_fame_bombeiros.flv{/flowplayer} .

    .. o triple de efectivos dos que se remuneran. Queren así demostrar á sociedade a importancia do seu traballo, e para dar azos ós seus dous compañeiros do Porriño recen despedidos que arestora se atopan en folga de fame. 

     Os días de encerro van pasando e facendo meladura nos ánimos destes bombeiros e, sobre todo das súas familias. Con todo aseguran que van a continuar ata que se respecten os seus dereitos como traballadores desta empresa privada que se mantén únicamente con fondos públicos. 

     As súas peticións.o que cren que pasou e as súas peticións. A medida que pasa o tempo a situación complícaselles máis, sobre todo se temos en conta que o xerente deste parque do Salnés leva días sen aparecer polo traballo, e que agora precisan aínda máis efectivos e vehículos especiais ó vérense obrigados a partir de agora a acudir ós incendios forestais. A situación é perigosa ata tal punto, que poden quedar, por exemplo, sinistros de tráfico sen atender se é que o retén de garda se atopa apagando lume no monte.

    Redacción Salnés