O sector da soldadura segue reclamando máis profesionais, aquí e no estranxeiro

MEAÑO> Xa son preto de medio cento as persoas formadas en soldadura grazas ao programa de emprego da Mancomunidade do Salnés. A última remesa de alumnos está estes días rematando a formación. Son dez mozos e mozas que arrancarán en breve o seu período de prácticas. Trátase dun sector cunha alta demanda da emprego tanto na zona como no estranxeiro.

Dez mozos e mozas reciben estes días formación en soldadura nas instalacións de Censol, en Meaño. É o alumnado da cuarta promoción desta disciplina que forma parte do programa integrado dee emprego da Mancomunidade do Salnés.

Eles son Fernando e Groria, dous dos alumnos. A presenza feminina segue gañando peso neste sector, no que seguen escaseando profesionais.

Así que grazas a esta acción formativa, unha vez rematado o seu período de prácticas, todos estes mozos e mozas acabarán conseguindo un posto de traballo.

Porque esta é unha profesión que ten varias saídas. Aquí reciben formación que lles abre a porta para tres posibles camiños.

Mariano Seijo, responsable da formación, celebra os altos índices de empregabilidade que acada o seu alumnado, tanto a nivel local como internacional.

Nas catro edicións deste obradoiro de emprego da Mancomunidade xa son preto de 50 as persoas que recibiron esta formación.