A Xunta faise con Alfageme por 780.000 euros na subhasta

    Vfotosubhastacopia.jpgIGO> Na subhasta o Igape fíxose coas fábricas de Ribadumia e Vilaxoán e a marca Miau, ábrese agora un período de vinte días para adxudicala.

    {flowplayer}images/salnes/SubhastaAlfageme.flv{/flowplayer}

    210.000 euros pola factoría de Ribadumia, 350.000 pola de Vilaxoán e 220.000 pola marca comercial Miau. En total, 780.000 euros lle custou á Xunta, a través do Igape, facerse con Alfageme na subhasta que se celebrou esta mañá no Xulgado do Mercantil en Vigo. Os sindicatos amósanse satisfeitos con este resultado, que segundo eles, da un paso máis cara a resolución do conflito.

    Á poxa presentouse unha única unha empresa que aspiraba só a facerse coa marca.Polo que ó Igape non lle foi difícil facerse co conxunto dos bens de Alfageme. Agora dispón deses 20 días para ceder as instalacións a unha terceira empresa. Unha empresa que garanta a continuidade da firma.

    Así as cousas, dende a CXT amósanse satisfeitos e as traballadoras toman novos folgos para continuar defendendo os seus postos de traballo. Aínda que malia todo non cantan vitoria.

    En canto ó futuro que se abre agora para Alfageme, dende a CXT non descartan que o Consorcio, a principal interesada en Alfageme, acabe finalmente facéndose coa empresa, pero tampouco queren dar nomes. A Cig pola súa banda, mantén que esta sería a mellor opción e que cando menos demostra, que si hai empresas interesadas na firma. O grupo

    El Consorcio pola súa banda, reiteraba esta mesma tarde en declaracións a esta casa, o seu interese pola firma. Un interese que se reflicte no proxecto industrial que xa presentaran no ano 2011. Os mesmos termos daquel momento manteñen agora, deixando patente o seu compromiso co proxecto e con Galicia.

    Redacción Salnés