Teresa Táboas supervisa as obras do edificio Interxeracional

    teresa_taboas_100_copia.jpgVILAGARCÍA> A conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, achegouse hoxe ata Vilagarcía para comprobar o estado das obras do Edificio Interxeracional

    {flowplayer}images/salnes/teresa_taboas.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, achegouse hoxe ata Vilagarcía para comprobar o estado das obras do Edificio Interxeracional que se está a construír na parcela dos Desamparados. Este edificio é un proxecto innovador en España e é o primeiro que se constrúe na provincia de Pontevedra.

    Vilagarcía é o primeiro concello da provincia que contará cun edificio interxeracional. Trátase dunha construción na que se promoverá a convivencia de persoas maiores coas xeracións máis novas en réxime de aluguer. A consellería de Vivenda ten impulsados varios destes edificios en toda Galicia. Os primeiros que se constrúen en España coa intención social de conxugar a experiencia coa xuventude dos que alí residan.

    Por menos de 200 euros ao mes, os contribuíntes poderán optar a unha das 31 vivendas, de un e dous dormitorios, que se construirán neste edificio. O proxecto tamén contempla a construción dun centro de maiores ao que poderán acceder os xubilados desta zona de Vilagarcía, residan ou non no edificio.

    A consellería de Vivenda e Solo construirá unha oficina comarcal no Salnés para que os cidadáns desta zona poidan realizar as súas xestións sen necesidade de trasladarse á delegación, situada en Pontevedra.

    O Edificio Interxeracional de Vilagarcía estará rematado antes do previsto. Segundo as previsións da conselleira, Teresa Táboas, a principios do ano 2010 a obra estará a disposición dos usuarios.

    Redacción Salnés