Centos de persoas despiden a LII Festa do Viño do Condado

    condado copia100.jpgSALVATERRA> Onte tamén se investiron os novos cabaleiros da Confraría dos Viños do Condado do Tea e se recoñeceron os "Viños Deliciosos" do ano.

    {flowplayer}images/salnes/FESTA_VINO_CONDADO_2011.flv{/flowplayer}

    A xornada arrincou no interior do Castelo de Dona Urraca. Nun dos seus salóns se nomearon os novos Cabaleiros da Confraría dos Viños do Condado do Tea, unha distinción coa que se recoñece a labor de diferentes persoeiros a prol destes caldos.

    No acto tamén houbo o seu recoñecemento para os mellores viños. Entre preto de 20 marcas de toda a DO os catadores concederon a nove caldos albariños, condados e tintos a distinción de “Viños Deliciosos”. A triunfadora foi a adega Coto Redondo, que colocou un dos seus caldos entre os gañadores de cada categoría.

    A Festa tamén se converteu nunha romaría ó redor dos stands das adegas participantes. No entorno do castelo, déronse cita centos de persoas cargados de polbo, empanada, carne ó caldeiro e, sobre todo, bos viños.

    Un ano máis, a edición da Festa do Condado confirmouse como todo un éxito no que se combinaron a boa comida, a boa compaña, o bo tempo e, como non, o bo viño Rías Baixas.

    Redacción Salnés