OUTES> O BNG volverá insistir no Parlamento sobre a necesidade de paralizar a autorización da mina de San Finx ata que conte cos preceptivos informes medioambientais. Os nacionalistas alertan dos graves danos que os vertidos poderán ocasionar á ría e, en consecuencia, á actividade marisqueira.
O BNG volveu presentar no Parlamento unha serie de iniciativas instando á Xunta a suspender de xeito inmediato a autorización de vertidos da mina de San Finx ó río Pesqueira ata que non conte cun estudo de impacto ambiental.
Eses materiais contaminantes, din os nacionalistas poñer en risco ós bancos marisqueiros da ría, que xera máis de 1600 postos de traballo directos. E que a pesca e o turismo son os piares básicos da economía da comarca que agora se ven ameazados.
Os nacionalistas non entenden que a Xunta concedese a autorización a pesar das escasas garantías que ofrecen as probas pilotos desenvolvidas durante 10 semanas nas que se rexistrou o vertido de augas sen depurar na súa totalidade. Critican tamén a pasividade dos gobernos dos concellos da comarca e chaman a secundar a mobilización convocada pola confraría de Noia o próximo 4 de marzo na alameda.