Dez persoas fórmanse coma monitor de comedor escolar na Pobra

A POBRA> Esta mañá tiña lugar o acto de clausura e a entrega de diplomas ós participantes no curso de monitor de comedor escolar que veu desenvolvéndose dende a pasada semanas na Pobra do Caramiñal. Foi organizado pola asociación AMICOS e formaba parte do programa ‘Máis Emprego’ da Fundación ‘La Caixa’ e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Un total de dez alumnos remataron hoxe o curso de Monitor de Comedor Escolar impartido dende a semana pasada nas aulas formativas que o Concello da Pobra ten no Edificio da Seguridade Social na rúa Castelao. O curso organizado pola asociación AMICOS foi executado no marco da Convocatoria do Programa Operativo de Inclusión Social e de Economía Social, do Programa ‘Más Emprego’ de ‘La Caixa’, cofinanciado polo Fondo Social Europeo.