Os detidos na “Operación Corgo” chegan a un acordo coa Fiscalía

    xuizodroga copia100.jpgPONTEVEDRA> J.F. Galindo, suposto intermediario na compra de máis de 9 kg de droga, cumprirá cinco anos de prisión fronte os trece anos e medio solicitados inicialmente.

    {flowplayer}images/salnes/XUIZO_DROGA_AUDIENCIA.flv{/flowplayer}

    A fiscalía fixou en cinco anos de prisión e unha multa de 121 mil euros a pena para Juan Francisco Galindo, fronte os trece anos e medio de prisión e a multa de 275 mil euros solicitada inicialmente. As investigacións sinalan a Galindo como intermediario na adquisición de máis de 9 quilos de droga durante maio de 2008 para a súa posterior distribución.

    As primeiras detencións da “Operación Corgo” realizáronse o día 23 de maio de 2008, cando axentes da Policía Nacional interceptaron ós procesados Carlos Enrique Piñeiro, veciño de Boiro, e José Antonio Besada, de Teo, con 6,9 quilos de resina de cannabis no seu automóbil.

    Á semana seguinte, Juan Francisco Galindo, o seu irmán, José Galindo, tamén procesado, e José María Vázquez, natural de Badaxoz, reuníronse no bar “O Rebolo” de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa. Alí, os tres acusados terían adquirido dous paquetes de 998 gramos de cocaína, droga que no mercado podería superar os 240 mil euros de valor.

    Grazas ó acordo, os demais imputados tamén viron descender as penas solicitadas inicialmente pola Fiscalía. Así, José María Vázquez e José Galindo aceptaron 5 anos de prisión e preto de 117 mil euros de multa, fronte os 12 anos de cadea e 375 mil euros propostos nun principio. Pola súa banda, Carlos Piñeiro e José Antonio Besada, viron reducida a petición de 4 anos e 80 mil euros de multa ata os dous anos de prisión e preto de 5.000 euros de sanción. Despois da sesión de hoxe, o caso quedou visto para sentenza.

    Redacción Salnés