A Garda Civil comisa 174 centolas e dous bois de mar no porto de Ribeira

RIBEIRA> O Servizo Marítimo da Garda Civil informou da aprehensión de 174 centolas e dous bois de mar, así como máis de quince quilos de raia, no peirao de Ribeira. Trátase de especies todas elas, actualmente, en veda.

Os axentes, que se atopaban realizando un control rutineiro de pesca neste porto, procederon á realización das correspondentes actas de denuncia e á incautación das capturas.

As centolas e os bois foron devoltos novamente o mar, o atoparse aínda vivos , e os exemplares de raia foron entregados ó Centro  de Atención Integral de Amicos, en Boiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí