Os veciños de Aguiño denuncian que levan dende o principio do verán cun só médico

RIBEIRA> Aguiño segue en pé de guerra para lograr a cobertura das vacacións dos médicos no consultorio da parroquia. Os veciños concentrábanse esta mañá ás portas do centro de saúde para denunciar que contan tan só cun facultativo durante o verán.

Como cada venres, os veciños de Aguiño acudían puntuais á súa mobilización semanal para denunciar a precaria situación do centro de saúde da localidade. Tras meses de protestas nos que logran que se cubriran as dúas prazas de médico a tempo parcial vén agora como o servizo volve ser deficitario ante a negativa do SERGAS de cubrir as vacacións durante o verán.

As citas estanse a demorar ata dúas semanas, producindo ademais unha sobrecarga asistencial noutros servizos como as urxencias, xa moi tensionadas polo incremento de poboación desprazada durante o período estival.