BOIRO> O BNG de Boiro volve denunciar o mal estado en que quedaron algunhas fincas trala concentración parcelaria de Cures. Levarán ó pleno unha moción para instar á Xunta a repoñer tódolos servizos e accesos nas propiedades afectadas. Xa hai case un ano, cando se procedeu á entrega das fincas da parcelaria de Cures, o BNG denunciou o mal estado e a falla de servizos nalgunhas parcelas. Dende aquela, a Xunta acometeu algunhas melloras coa apertura de novas vías e accesos. Sen embargo, e a pesar de que o pleno aprobou unha moición neste sentido, o resultado deixa moito que desexar. Por esta razón, os nacionalistas volverán a levar a pleno a necesidade de repoñer os servizos instando ó concello a realizar as xestións ante Medio Rural e presentar os recursos pertinentes para garantir os dereitos de tódolos propietarios.
Inicio BARBANZA