Cortegada e Xuven centrados para vencer o sábado

SALNÉS> O Cortegada visita a pista do Universidade de Valladolid, un dos rivais a priori máis asequibles da liga, mentres que o Establecimientos Otero xogará na casa ante o sempre difícil INEC Zamora.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_031111.flv{/flowplayer} 

Con gañas de resarcirse da derrota ante o Ensino. Así viaxa a Valladolid o Thetrend Cortegada, para disputar a terceira xornada en LF2. As de Pepe Vázquez non queren confiarse ante un dos conxuntos máis xóvenes da competición, conta cun plantel que ten unha media de idade de 20 anos. Ademais é o peor anotador da liga tras perder os seus dous primeiros encontros con 40,5 puntos por partido. De nada vale esa teórica superioridade se as vilagarciáns non recuepran a súa mellor versión, a do derradeiro cuarto ante o Ensino.

Mentres, o Xuven afrontará o segundo partido de liga na casa ante o INEC Queso Zamorano. Un equipo que como os cambadeses, xa descansou e que no único encontro que disputou venceu con autoridade na pista do ABO Ourense por 22 puntos de diferencia. Non será polo tanto un partido sinxelo para o Establecimientos Otero. 

Os afeccionados quedaron satisfeitos co nivel dado polo equipo ante o Chantada. A gran actuación do Jesús Díaz del Río e o poderío do xogo interior convida ó optimismo para este encontro que dará comezo ás 18:00 no Pombal.

Redacción Salnés