
{flowplayer}images/salnes/FutbolPortonovo.flv{/flowplayer}
A pesares de que se enfrontaba ó colista da táboa o Portonovo caeu goleado na casa no partido adiantado ó sábado.
Os de Jacobo Molina son agora os novos pechacancelas da categoría logo de perder ante un rival directo pola permanencia como o Narón.
Debutou neste encontró Baptiste, pero pouco puido facer. Os de Baltar estiveron mal durante todo o encontro e as cousas empeoraron aínda máis no minuto 38 cando o colexiado decretou penalti nesta acción de Cibrán sobre Koki. Mella foi o encargado de tiralo e poñer o 0 a 1 no marcador.
O Portonovo tratou de reaccionar pero aínda que tivo algunha pequena ocasión no creo verdadeiro perigo e chegouse ó descanso co Narón por diante pola mínima.
Nos primeiros 15 minutos do segundo tempo os visitantes fixeron dous goles que deixaron os de Molina avocados a derrota. Koki en dúas contras foi o autor dos dous tantos, con algo de fortuna e axudado por unha defensa que non soubo reaccionar. A partir de ahí, o Portonovo fixo os mellores minutos do encontro, aínda que chegaron demasiado tarde.
E cando mellor o estaban a facer os da casa chegaron os dous goles finais que remataron co partido no 88 Koki fixo o cuarto para o equipo e o terceiro na súa conta na xornada do sábado. E no 89 Dieguito puxo o broche final o encontro.
Dura derrota que deixa o Potonovo último na xeral.
O Vilalonga tamén caeu na xornada de onte, fíxoo ante o Rácing de Ferrol por 2 goles a 0. Dificultándolle máis as cousas do que agardaban os locais.
Redacción Salnés