RIBADUMIA> Ribadumia prepárase para unha nova edición do Arousa Fútbol 7 Indoor. O municipio acolle por quinto ano consecutivo este torneo, que se vai disputar entre esta fin de semana e o 4 de xaneiro.
Na cita reuniranse 35 equipos de toda Galicia, implincando a máis de 370 xogadores e xogadoras. Trátase da décimo primeira edición deste torneo que nos últimos anos ten a Ribadumia como a súa sede.
Arredor del vanse reunir tres categorías diferentes de nenos e nenas. Calcúlase que durante os días da proba, polo concello pasarán unhas 1.500 persoas, o que se traducirá tamén nun impacto económico na hostalería local e do resto da comarca.






