A FEB decide novamente suspender a campaña de Nadal

    suspensioncampanhafeb.jpgBARBANZA> Ó parecer os problemas económicos que afronta a entidade volven a ser a principal causa da toma desta decisión.

    {flowplayer}barbanza/suspensioncampanhafeb.flv{/flowplayer}

    A Federación de Empresarios do Barbanza decidiu nunha xuntanza celebrada onte pola noite na sede da ABE volver a suspender a celebración este ano da súa tradicional campaña comercial de Nadal. Por segundo ano consecutivo a patronal comarcal opta por non organizala debido fundamentalmente ás graves dificultades económicas polas que atravesa a entidade, que xa provocaron un importante recorte na celebración, o pasado mes de outubro, da gala dos Dolmen de Ouro en Padrón.

    Campañas a nivel local

    A maioría das patronais locais, como xa acontecera o pasado ano, xa están mans á obra co deseño da súa propia campaña, co fin de incentivar as compras de nesta época do ano nas tendas da localidade e darlle así pulo a un sector que xa de por si está moi castigado.

    Continuidade FEB

    E no trasfondo de toda esta situación volve de novo a estar a propia continuidade da FEB, algo que aínda non está de todo clara.

    Redacción Barbanza