Plademar pide a reversión das concesións dos saltos hidroeléctricos do Tambre

NOIA> A través dunha serie de alegacións presentadas, Plademar Muros-Noia pretende poñer fin ós baleirados realizados polas empresas concesionarias sen coordinación coas mareas e sen aviso previo, accións que, segundo a entidade, provocaron avalanchas de auga doce que baixaron a salinidade da ría, depositaron lodos sobre os bancos marisqueiros e causaron mortaldades masivas de marisco.

A pesar de telo denunciado ante Augas de Galicia nos anos 2023 e en 2024, e levar o caso incluso á Valedora do Pobo en 2025, sempre obtiveron a calada por resposta.

Coas alegacións presentadas, Plademar pretende como primeira opción, que os saltos do Tambre revertan á xestión pública.

No caso de optar por unha nova concesión privada, piden que o prego de condicións inclúa protocolos obrigatorios de baleirado e se poñan sancións proporcionais polo incumprimento destas obrigas e indemnizacións directas para as sector marisqueiro principal afectado por estes danos.