Xosé Lois Piñeiro aspira a acadar un escano no Congreso

A POBRA> O voceiro de Fronte Ampla en Galicia desprazouse ata A Pobra para presentar oficialmente a candidatura de Xosé Lois Piñeiro como número 1 ó Congreso pola provincial da Coruña. Xunto coa candidata ó Senado, Rocío Núñez, debullaron algunhas das liñas principais do seu programa.

Tralo anuncio da candidatura de Xosé Lois Piñeiro como cabeza de lista de Fronte Ampla ó Congreso pola provincia da Coruña, esta mañá tiña lugar a súa presentación oficial O voceiro da formación en Galicia, Paulo Carlos López, desprazouse ata A Pobra para dar a coñecer o seu proxecto electoral centrado nas políticas transformadoras que contribúan a seguir avanzando en materia de dereitos sociais.

Tamén participou nesta xuntanza a candidata ó Senado, Rocío Núñez, quen destacou algunhas das propostas que levarán a cabo se gobernan como volver impulsar unha protección económica por cese de actividade nos bancos marisqueiros.

Tamén Xosé Lois Piñeiro destacou algunhas das súas propostas coas que tentará levar a voz da provincia ó Congreso como a axilización as axudas ó sector primario e a cadea mar industria.

Piñeiro amosouse convencido de acadar o escano pola provincia e mesmo ampliar representación poñendo como aval as políticas progresistas desenvolvidas ó longo deste anos dende o goberno do estado.