O orzamento de Outes para este 2024 ascende a máis de seis millóns de euros

OUTES> O goberno de Outes levará a pleno a súa proposta de orzamentos para este exercicio que ascenden a máis de seis millóns de euros. 

Supoñen un incremento do 0’6 por cento con respecto ó ano anterior.

Un dos capítulos que máis medra é o de gastos de persoal por mor das actualizacións salariais e a posta en marcha de novos servizos como a escola infantil.

Tamén se incrementa o gasto corrente para o financiamento dos servizos ordinarios que presta o concello cun pulo importante á área de servizos sociais dotada con preto de 700 mil euros.

O compromiso co tecido asociativo e cultural do municipio tamén se traduce nun maior esforzo inversor para subvencionar ós distintos clubs e entidades.