BOIRO> AMICOS e Jealsa renovan o seu convenio de colaboración un ano máis. Esta alianza permitirá seguir avanzando na inserción laboral das persoas con discapacidade e na plena inclusión a través de iniciativas como o Festiritititi ou a adquisición de novos equipamentos para a aula de estimulación sensorial.
A Asociación AMICOS segue a medrar grazas a o compromiso de Jealsa que, un ano máis, renovou o seu convenio de colaboración coa entidade. Esta alianza iniciábase hai xa preto de 20 anos cando a asociación contaba tan só co centro de Oleiros. Dende entón, medraron as instalacións e os proxectos que permiten a plena inclusión das persoas con discapacidade.
No marco do convenio figuran iniciativas como o festival da inclusión Festiritititi no que participan centros educativos de toda a comarca, equipamentos de última xeración para dotar ó centro de vangarda tecnolóxica en recursos como a aula de estimulación sensorial ou proxectos de formación como a fábrica social.
Pero a alianza entre ámbalas dúas entidades vai máis cunha estreita colaboración que permite a inserción laboral de persoas con discapacidade en Jealsa como paso principal para acadar un proxecto de vida autónoma.











