RIBEIRA> A CIG súmase á convocatoria de folga xeral do 11 de novembro. Tras meses denunciando a crise derivada do encarecemento dos custos básicos como a vivenda, a enerxía ou os alimentos chaman ós traballadores a secundar o paro e mobilizarse.
Dende o sindicato denuncian o crecente encarecemento dos custos esenciais e a imposibilidade de acceder a unha vivenda, sendo unha vez máis a clase traballadora a que paga as consecuencias desta nova crise.
A CIG – As Rías anima ós traballadores a acudir á folga o próximo 11 de novembro e participar na manifestación que partirá a mediodía dende o mercado municipal de Ribeira.











