‘O anterior proxecto non aportaba ningún valor engadido ó parque’

    PARQUE_XUNQUEIRAcopy.jpgVILAGARCÍA> Así xustificou Tomás Fole que os técnicos do concello vaian redactar un novo proxecto para o parque da Xunqueira.

    {flowplayer}images/salnes/REMODELACION_XUNQUEIRA.flv{/flowplayer}

    Esta mañá o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, visitou o parque da Xunqueira xunto ós técnicos do concello para ver sobre o terreo as actuacións que van incluír no novo proxecto de remodelación deste espazo. Trátase, sinalou o rexedor local, de facer uns cambios que respondan ás necesidades dos veciños máis que á propia estética.

    Coma xa o adiantou o alcalde de Vilagarcía fai escasas semanas, o proxecto de remodelación redactado pola arquitecta Isabel Aguirre era finalmente rexeitado para ser agora os técnicos do concello os encargados de levar a cabo un novo documento que responda, segundo Tomás Fole ás necesidades reais do parque.

    Segundo explicou Fole, o novo proxecto incluirá, entre outras cousas, a remodelación da zona deportiva, diferenciando ben os espazos, a instalación de solo de caucho no parque infantil ou o condicionamento do hórreo.

    Esta remodelación será financiada con fondos do proxecto Luz Salgada.

    Redacción Salnés